13-05-2011

 ÉXPOSICIÓN IRMÁNS SUÁREZ PICALLO

 

O día 13 de maio e de cara a conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, inauguramos unha exposición sobre os irmáns Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo.

Ás 20,30 horas tivo lugar unha charla coloquio presentada polo noso amigo Paco Pita Fernández, Presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo con sede no Concello de Sada.

O material aportado consta de 10 paneis informativos sobre os irmáns sadenses Suárez Picallo (8 adicados a Ramón e 2 a Xohán Antón) onde se conta a vida e vicisitudes dos dous irmáns.

Os alumnos de ESO e Bacharelato do Colexio Salesiano, visitarán a exposición en horario escolar de mañá, a partires do día 18 e ata o 27.

A exposición poderá visitarse no seguinte horario:

MÉRCORES 18 e 25 de maio, desde as 20,00 ata as 21,00 horas.

VENRES 20 e 27 de maio, desde as 19,00 ata as 22,00 horas.

  


 

Powered by Drupal - Design by artinet